Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

renuncia

Deixa UPyD José Canedo, o que fora candidato da formación á Xunta nas pasadas eleccións

O motivo da súa baixa é non estar de acordo coa forma de levar a dirección en Galicia

SANTIAGO. EP  | 09.06.2013 
A- A+

José Canedo, candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas pasadas eleccións autonómicas por Unión Progreso e Democracia (UPyD), comunicou a súa baixa da formación por "non estar de acordo coa forma de levar a dirección" desta en Galicia.

Esta renuncia, que Canedo fixo pública a través dun comunicado, súmase á do exresponsable de Redes Sociais do Consello Territorial de Galicia e número tres nas pasadas eleccións pola provincia de A Coruña, Juancho Chouza Sampedro.

Segundo xulgou o que tamén foi candidato á alcaldía de Santiago de Compostela en 2011 e candidato ao Senado pola provincia de A Coruña en 2012, a organización do Consello Territorial de Galicia, así como dos órganos de Dirección Nacional de UPyD, foi "desastrosa".

"Non consigo entender como nestes momentos tan complicados para as familias galegas e españolas, en Galicia, UPyD non existe para a cidadanía", sinalou antes de asegurar que "non se está a realizar dende a dirección territorial ningunha acción política, salvo entreterse en organigramas internos de poder e dar protagonismo a entidades externas como Galicia Bilingüe que nada achegan nin ao partido nin aos cidadáns e con visto bo da dirección nacional".

Así mesmo, criticou que UPyD se convertera "nun partido rexional da autonomía de Madrid, onde a dirección se envorca e onde lle está a dar bo resultado,", pero "deixando o resto de autonomías á marxe".

Por último, José Canedo asegurou estar "máis que satisfeito" co seu traballo "a favor dun proxecto que lle atraeu dende o primeiro día" pero deixou claro que "onde non se respecta e valora" un traballo "non se "pode estar".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS