Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 15.08.2017 Actualizado 18:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Presentada pola Plataforma contra Fumigacións

Denuncia ante a Fiscalía contra os tratamentos aéreos con flufenoxuron, pesticida tóxico

SANTIAGO. EP  | 24.04.2012 
A- A+

A Plataforma contra ás Fumigacións presentou este martes unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente en Santiago de Compostela contra os tratamentos aéreos con flufenoxuron, que se utiliza contra unha praga que afecta ao eucalipto.

Segundo explicou, en declaracións a Europa Press, unha das voceiros da plataforma, Marga Miguéns --de Adega--, a denuncia rexistrada na Fiscalía pon de manifesto que estas fumigacións se realizan cun "pesticida altamente tóxico", en relación ao flufenoxuron, "que será prohibido en toda a Unión Europea a partir do 1 de agosto".

Miguéns indicou que o emprego deste pesticida afectaría "a toda a cadea alimentaria", xa que se trata dun "produto tóxico". Por iso, a plataforma critica o emprego deste, que xa se usou en fumigacións levadas a cabo "de tapado" en Viveiro (Lugo), segundo denunciaron algúns socios da asociación.

Así mesmo, a plataforma anunciou que levará a cabo unha serie de mobilizacións para "poñer en coñecemento da cidadanía o que pretenden facer" con estas fumigacións que, segundo advirte o colectivo, contaminaría a auga.

CONCENTRACIÓN

No calendario de mobilizacións arrancará o domingo día 29 cunha concentración convocada pola plataforma ás 12.00 horas na localidade coruñesa de Melide. O colectivo, entre o que están integradas asociacións ecoloxistas e sindicais entre outras, pretende levar a cabo unha marcha para denunciar as fumigacións con este pesticida "altamente tóxico".

Tamén a plataforma criticou o "mutismo total da Xunta" e confirmou que seguirá "mandando cartas" ao departamento de Medio Rural para que "conteste aos requirimentos de información sobre onde se van facer as fumigacións".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS