Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 15 noticia anterior de Galicia Galicia  |   RSS - Galicia RSS

case o 70% por non pagAR o aluguer

Os desafiuzamentos soben un 0,5% no terceiro trimestre en Galicia

Os lanzamentos por incumprimento da lei de arrendamentos soben un 11,2%, mentres caen un 4,4% os que se deben a execucións hipotecarias

E.P. SANTIAGO  | 11.12.2015 
A- A+

Os desafiuzamentos subiron un 0,5% no terceiro trimestre en Galicia en relación ao mesmo período do ano anterior, ata un número total de 441, dos que un 67,6% (298) tiveron como causa procedementos derivados da lei de arrendamentos urbanos --habitualmente, por non pagamento do aluguer--.

Un 29,2% deses 441 lanzamentos practicados na comunidade galega no terceiro trimestre de 2015 ten que ver con procedementos derivados de execucións hipotecarias, o que bota un total de 129 desafiuzamentos por incumprimentos relativos á hipoteca.

Con estas cifras, os desafiuzamentos por non pagamento do aluguer subiron un 11,2% no terceiro trimestre do ano en relación co mesmo período de 2014, pero os desafiuzamentos por incumprimentos da hipoteca baixaron un 4,4% interanual.

Así recólleo a estatística publicada este venres polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) que, no seu informe 'Efectos da crise económica nos órganos xudiciais'', destaca que os xulgados galegos iniciaron no terceiro trimestre do ano 409 execucións hipotecarias, o que supón un descenso do 12% con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Non obstante, o número de lanzamentos practicados neste período --o que implica a perda efectiva do inmoble, o desafiuzamento-- subiu ese 0,5%, ata 441.

BAIXAN AS EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS
En canto ás execucións hipotecarias, o CGPJ resalta que se trata do nivel máis baixo dende o mesmo trimestre de 2011, cando se rexistraron 348 procedementos deste tipo, que se tramitan nos xulgados de primeira instancia para esixir o pagamento das débedas garantidas por hipoteca.

No que se refire aos lanzamentos, recoñece que, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, se practicaron en Galicia 441, "cifra máis baixa do ano por trimestre, pero 0,5% por enriba de mesmo período en 2014".

DIMINÚEN OS CONCURSOS E OS DESPEDIMENTOS
O informe inclúe tamén datos sobre a evolución dos concursos. No terceiro trimestre do ano presentáronse en Galicia 61, o que supón un 45% menos con respecto ao ano anterior e "unha continuación do descenso experimentado ao longo do ano", segundo o consello.

Ademais, sinala que nestes tres meses se declararon na comunidade galega un total de 49 concursos, un 52,4% menos que no mesmo período de 2014.

Con respecto aos xulgados do social, contabiliza tamén un descenso nos despedimentos presentados, con 1.333, un 20% menos que no mesmo trimestre de 2014, "e a cifra máis baixa en calquera trimestre dende o ano 2009".

Descenden tamén as reclamacións de cantidade, un 35%, pero aumentan os monitorios, un 20%, ata situarse nos 8.187, aínda que, insiste, "trátase da cifra máis baixa do ano".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS