Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ENERXÍA

Descenden un 12 por cento as primas a enerxías renovables e coxeración

06.07.2011 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID. EP

O importe da tarifa eléctrica que se dedicará a retribuir durante 2011 ás instalacións do réxime especial, entre as que figuran as renovables e a coxeración, situarase en 6.172 millóns de euros, o que supón un descenso do 12% con respecto ós 7.066 millóns de 2010.
Esta previsión aparece recollida no informe da Comisión Nacional da Enerxía (CNE) no que se estudan as diversas partidas de custos regulados e emítese unha opinión acerca da proposta, finalmente materializada, do Ministerio de Industria de conxelar as peaxes eléctricas en xullo.
Das primas de 2011, a fotovoltaica recibirá 2.093 millóns, fronte a 1.490 millóns da eólica, 1.321 millóns da cogeneración, 403 millóns da termosolar e 259 millóns da biomasa. A fotovoltaica, con 32,5 céntimos por quilowatt hora (kWh), e a termosolar, con 31 céntimos, son as mellor retribuidas.
O regulador enerxético indica que estas previsións foron elaboradas a partir do real decreto lei 14/2010 con medidas urxentes contra o déficit de tarifa, co que se quere reducir en 4.600 millóns en tres anos os custos do sistema eléctrico.
O real decreto lei inclúe unha limitación ás horas con dereito a prima da fotovoltaica que, segundo os cálculos do Ministerio de Industria, vai aforrar 740 millóns este ano e 2.200 millóns ata 2013. O Goberno vetou as últimas emendas de CIU no Senado para suavizar o recorte.
No informe do CNE apréciase que a prima á fotovoltaica suporá este ano un 34% do total, cando en 2010 superou o 40%, mentres que a eólica atrae cerca do 25%, en liña con outros exercicios.
Industria espera uns aforros no sistema eléctrico para este ano de 1.660 millóns, dos que, á parte da limitación fotovoltaica, 51 millóns proceden do recorte á eólica pactado a finais de 2010 e 451 millóns do acordo de contención alcanzado coa termosolar.
Á marxe das renovables, as eléctricas contribuirán con 148 millóns ó pagar unha nova peaxe á xeración, e con outros 270 millóns ó sufragar plans de aforro e eficiencia. A cambio, o real decreto lei mellora a capacidade destas empresas para recuperar o déficit de tarifa, cuxos topes máximos anuais se elevan ata 2013.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS