Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

'A' Gaeltacd'

Descobren unha inscrición gaélica nunha igrexa de Betanzos

Ata o momento, non hai constancia de ningún outro epígrafe gravado ou escrito en gaélico en Galicia

SANTIAGO. EP  | 22.07.2014 
A- A+

Os investigadores do Proxecto Gaelaico acaban de achegar probas físicas ás súas investigacións sobre a influencia das linguas goidélicas en Galicia. Trátase dun texto escrito en gaélico, na pedra da Igrexa de Santiago en Betanzos, que di 'A' Gaeltacd' e que dende Progael traducen como "zona de fala gaélica". Ata o momento, non hai constancia de ningún outro epígrafe gravado ou escrito en gaélico en Galicia.

Á marxe das diferentes análises e estudios que este colectivo publica regularmente na súa páxina web (www.progael.com), analizando a orixe de vocábulos ou topónimos e verificando se están ou non relacionados coas linguas goidélicas, agora os lingüistas e historiadores que conforman a este grupo de investigadores achegan un novo indicio que ampara o seu argumentario.

Segundo informou o Proxecto Gaelaico nun comunicado, trátase dun epígrafe gravado nun contraforte da igrexa de Santiago no concello coruñés de Betanzos. O recinto foi construído no século XIV. Dende o Proxecto Gaelaico sosteñen que se escribiu en lingua gaélica e que conta cun punto diacrítico sobre dúas consoantes para indicar o seu lenición.

Os investigadores resaltan que no caso de que a súa interpretación sexa correcta, é significativo que o epígrafe non estea relacionado con temas relixiosos. O texto fai referencia directamente á lingua que se falaba en Galicia, dado que o significado das palabras inscritas A Gaeltacd" é "zona de fala gaélica".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS