Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Os desempregados aumentan en 8.252 en Galicia en marzo, case un 5% máis

SANTIAGO. EP  | 02.04.2020 
A- A+

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) aumentou en 8.252 en Galicia en marzo en relación co mes anterior, o que supón un incremento do 4,96%.

Segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Traballo e Economía Social, o paro rexistrado na Comunidade galega no terceiro mes de 2020 acada en total a 174.481 persoas. Así, son 3.640 máis con respecto ao mesmo mes de 2019 (+2,13%).

O número de parados en España disparouse en 302.365 en marzo (+9,3%), o seu maior repunte en calquera mes de toda a serie histórica, debido á crise orixinada polo coronavirus.

O volume total de parados acadou así ao finalizar marzo a cifra de 3.548.312 desempregados, a máis alta do rexistro desde abril de 2017.

Traballo sinalou que o Covid-19 cambiou a tendencia da evolución do paro coa que se iniciou marzo, xa que nos doce primeiros días do mes o paro só subía en 2.857 persoas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS