Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

CAMBIO CLIMÁTICO

O desprezo polo medio ambiente leva ao fracaso o cumio de Durban, en Sudáfrica

07.12.2011  Canadá, EEUU, Xapón e Rusia escapan dos compromisos de reducir emisións, e os países emerxentes -China, India e Brasil- están exentos // Canadá declara que Kioto é o pasado

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

DURBAN (SUDÁFRICA). EFE

O ministro de Medio Ambiente canadense, Peter Kent, reiterou hoxe que para Canadá "o Protocolo de Kioto é o pasado", nunha intervención ante o plenario do Cume sobre Cambio Climático da ONU que se celebra en Durban (Sudáfrica).

O Protocolo de Kioto, en vigor desde 2005 e que obriga a 37 países industrializados a recortar as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, "non é a solución" para combater o cambio climático porque só cobre o 30% das emisións globais, sinalou Kent.

Canadá, do mesmo xeito que Xapón e Rusia, anunciaron que non asinarán un segundo período do compromiso de Kioto, que expira a finais de 2012 e cuxo futuro debe decidirse no cume que comezou o pasado 28 de novembro en Durban.

Kent afirmou hoxe que Ottawa, en liña con EEUU, está a favor dos recortes voluntarios de emisións acordados no cume de Cancún o ano pasado, porque supoñen máis de tres cuartas partes das emisións globais.

"Os acordos de Cancún son máis realistas que Kioto. Son máis globais que Kioto", declarou.

EEUU, segundo país máis contaminante do planeta despois de China, non ratificou no seu día o Protocolo de Kioto, que tampouco obrigaba a China, a India e Brasil, consideradas economías en desenvolvemento cando se asinou o tratado en 1997.

EEUU, Canadá, Xapón e Rusia son remisas a un acordo vinculante sobre o recorte de emisións sen o compromiso destas potencias emerxentes, que son os seus competidores comerciais.

A Unión Europea, en cambio, anunciou que está disposta a asinar en solitario unha extensión do Protocolo de Kioto, se as demais nacións se avienen a negociar un tratado global vinculante e a fixar unha data para a súa posta en práctica.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS