Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 3 de 15 noticia anterior de Galicia Galicia  |   RSS - Galicia RSS

para que cumpra a condena

Deteñen o ladrón do Códice en Sanxenxo por orde da Audiencia da Coruña

Fernández Castiñeiras foi levado ao cárcere pontevedresa da Lama, que é a onde son conducidos os detidos na provincia de Pontevedra, se ben el estivera en prisión provisional na coruñesa de Teixeiro tras ser detido polos feitos polos que foi condenado a nove anos de cárcere

E.P .PONTEVEDRA  | 11.12.2015 
A- A+

O condenado polo roubo do Códice Calixtino, José Manuel Fernández Castiñeiras, foi detido na tarde do xoves por orde da Audiencia Provincial da Coruña para que cumpra a condena que foi ratificada polo Tribunal Supremo (TS).

Segundo informaron a Europa Press fontes da Guardia Civil, ás 14,30 horas do xoves día 10 foi arrestado no termo municipal de Sanxenxo, onde residía, o exelectricista da Catedral compostelana.

A detención foi ordenada pola Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago, que foi o encargado de xulgar o roubo do Códice Calixtino a principios de ano.

Fernández Castiñeiras foi levado ao cárcere pontevedresa da Lama, que é a onde son conducidos os detidos na provincia de Pontevedra, se ben el estivera en prisión provisional na coruñesa de Teixeiro tras ser detido polos feitos polos que foi condenado a nove anos de cárcere, dos que serán descontados os meses que pasou en prisión provisional.

SENTENZA FIRME
De feito, a Sala II do Tribunal Supremo reduciu a nove anos de cárcere a pena imposta a Fernández Castiñeiras, por un delito continuado de roubo con forza nas cousas e outro de branqueo de capitais, unha condena que a Audiencia Provincial da Coruña fixara orixinalmente en 10 anos.

A Sala rexeitou todos os motivos do recurso presentado pola defensa dos condenados polas "abafadoras probas de cargo" existentes, aínda que reduce nun ano a condena imposta a Castiñeiras a ter en conta que, polas regras da continuidade delituosa, era "máis beneficioso" para el considerar que a subtracción do Códice foi un roubo e non un furto, ao contrario do que se fixo en primeira instancia.

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a principios deste ano ao exelectricista da Catedral de Santiago a 10 anos de prisión por furto do Códice, roubo continuado e branqueo de capitais, pola subtracción de diñeiro e outros efectos.

Non obstante, a sentenza do Supremo coordinada por Alberto Jorge Barreiro estimou parcialmente o recurso reducindo nun ano a condena ao eliminar a cualificación de furto para o Códice e incluíndoo como un roubo.

Así, o fallo recolle este "razoamento probatorio que pode favorecer ao reo" para rebaixar a condena e chama a atención sobre o feito de que non fose "tratado no escrito de recurso nin nas alegacións das partes", nas que a tipificación da condena polo roubo do Códice "non foi cuestionado en ningún aspecto penal".

O Supremo indicaba que a Audiencia Provincial barallou na súa sentenza a posibilidade de que a subtracción do Códice puidese cualificarse como roubo ou como furto, dado que se descoñece se a porta da cámara que o custodiaba estaba aberta ou pechada. Finalmente optouse por cualificar este delito como furto considerando que era "máis beneficioso" para o acusado, algo que finalmente foi contraproducente.

Neste sentido, o Tribunal Supremo establece que, en lugar de condenar o exelectricista a tres anos de prisión polo furto do Códice e a cinco por roubo continuado con forza nas cousas polo diñeiro e restantes obxectos, é "máis beneficioso" considerar a subtracción do Códice como un delito de roubo continuado máis e determinar unha pena global de sete anos de prisión en este apartado, así como dous anos adicionais por branqueo de capitais, que xa lle foron impostos pola Audiencia.

Esta é a única modificación que determina o Supremo, que ratifica a condena de seis meses de prisión para a muller do condenado, Remedios Neto Maio, por branqueo de capitais, rexeitando a alegación da defensa, que apuntaba ao seu descoñecemento sobre as actividades do seu esposo.

A sentenza do Supremo tamén ratifica a multa de 268.425 euros a cada un dos cónxuxes, así como a condena a Fernández Castiñeiras a que indemnice á Catedral de Santiago de Compostela con 2,4 millóns de euros e 30.000 dólares, a cantidade que se considera probado que subtraeu durante varios anos.

Durante as 11 xornadas que durou o xuízo, entre o 19 de xaneiro e o 5 de febreiro deste ano, o tribunal considerou probado que Fernández Castiñeiras subtraeu o Códice Calixtino da cámara na que se atopaba no Arquivo da Catedral de Santiago nos primeiros días de xullo de 2011. O manuscrito foi localizado nun garaxe da súa propiedade no Milladoiro un ano despois, en xullo de 2012.

De forma paralela, a sentenza condenou tamén ao exelectricista por roubo continuado, tras considerar probado que ao longo de varios anos fixera uso das chaves das que dispoñía e da confianza depositada polo persoal da Catedral para subtraer diñeiro e obxectos.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS