Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Detidas 82 persoas en Galicia por incumprir as normas do estado de alarma

SANTIAGO. EP  | 28.03.2020 
A- A+

Os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado xa detiveron a 82 persoas en Galicia por incumprir as normas do estado de alarma, que entrou en vigor o pasado luns 16 de marzo.

Así o trasladou o Delegado do Goberno na Comunidade, Javier Losada, este sábado nun comunicado, no que explicou tamén que estas persoas se enfrontan a multas e penas de cárcere, algunhas xa ditadas e outras que están á espera.

De feito o sete principais cidades galegas suman xa 8.482 propostas de sanción que oscilan entre os 601 e os 30.001 euros e que, no caso de individuos reincidentes, parten de 10.400 euros.

En concreto, a Policía Nacional interpuxo 3.663 sancións e levou a cabo 47 detencións; a Garda Civil propuxo 3.466 denuncias e detivo a 7 persoas e a Policía Local rexistra 1.353 casos e 28 detencións.

As primeiras sentenzas xa foron ditadas polos xulgados galegos e Losada fixo fincapé en que moitas delas recollen penas de cárcere para os infractores.

Con todo, tamén destacou que a maioría da sociedade galega respecta a normativa e agradeceu á poboación esta actitude, xa que o confinamento é "a única maneira de frear o virus" mentres o persoal sanitario, as forzas de seguridade e os empregados dos servizos esenciais traballan e "xóganse a vida" por todos.

Para evitar "contactos non desexados" e desprazamentos a segundas residencias, esta fin de semana volveranse a reforzar os controis de seguridade nas estradas. No que levamos en estado de alarma, xa foron interceptados 1.100 vehículos que infrinxían a normativa.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS