Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 09.04.2020 Actualizado 20:35
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Detido tras agredir á súa parella e tirala por un desnivel en Vigo

VIGO. EP  | 19.02.2020 
A- A+

Un home de 48 anos, D.G.A., foi detido despois de, supostamente, agredir á súa parella e tirala por unha pendente duns dous metros en Vigo. Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar este martes sobre as 18,27 horas, cando os axentes foron alertados de que un posible caso de violencia de xénero tivera lugar en Teis. Mentres se desprazaban á zona, recibiron outra chamada dunha persoa que asegurou presenciar como un home agredira a unha muller, lle dera unha patada e a tirara por un desnivel.

Unha vez no lugar, os policías observaron que unha muller de 39 anos se atopaba tendida no chan e acompañada por un home, así como que unha multitude de persoas se aglomerara ao redor dela. Posteriormente, os funcionarios atenderon á vítima, que presentaba unha cor avermellada en zonas visibles do seu corpo. Ademais, esta persoa relatou que, durante o transcurso dunha discusión, a súa parella agredíraa e tiráraa por unha pendente, o que provocara que caese sobre unhas ortigas.

Dado que o estado de nerviosismo e o picor dificultaban que a muller aclarase detalles sobre a agresión, unha testemuña indicou aos axentes que observara como un home lle dera unha patada nas pernas a esta persoa e que, tras suxeitarllas, a tirara polo terraplén. Ademais, comprobouse que o home que a acompañaba era o presunto agresor, polo que foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero a pesar de negar os feitos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS