Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Detido un home en Rianxo sospeitoso da desaparición de Diana Quer

O arresto produciuse polo suposto intento de secuestro dunha moza en Boiro

SANTIAGO. EP  | 29.12.2017 
A- A+

Un home foi detido en relación co intento de roubo e secuestro denunciado por unha moza na localidade coruñesa de Boiro e investígase se ten relación coa desaparición da moza madrileña Diana Quer en agosto de 2016 no municipio veciño da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, foi arrestado un home en Boiro en relación coa denuncia presentada o martes 26 de decembro por unha moza por un intento de secuestro após intimidala cun coitelo.

A Policía Xudicial da Guardia Civil da Coruña encárgase da investigación co apoio de axentes da Unidade Central Operativa (UCO) de Madrid, que levan a investigación da desaparición da moza madrileña na Pobra.

O pasado martes 26 de decembro unha moza denunciou ante a Guardia Civil que en Boiro un home tentoulle roubar o móbil, ameazouna cun coitelo e tratou de introducila no maleteiro dun vehículo.

Por iso, a Policía Xudicial da Guardia Civil abriu unha investigación por intento de roubo e tentativa de secuestro, feitos polos que foi detido un home.

DIANA QUER
Ademais, fontes próximas á investigación ratificaron que axentes da UCO desprazados de Madrid acudiron a Galicia para profundar nas liñas de investigación xa abertas en relación á desaparición o 22 de agosto de Diana Quer.

Respecto diso, as fontes consultadas por Europa Press puntualizaron que a investigación se atopa na fase prematura para determinar se hai relación entre o caso de Boiro e o da moza madrileña desaparecida na Pobra.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS