Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 22.12.2014  | Actualizado 01.38

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

TEMPO LIZGAIRO

Días da memoria insurrecta (VIII)

MANUEL VIDAL VILLAVERDE  | 24.08.2011 
A- A+

 

Pasou o papa do Estado de guiñol polo “rompeolas” de Madrid, igual que na Coruña impuxo que aquel rachaondas ou fendeondas, que os ghiris tanto da esquerda festiva, dereita e nacionalista, co BNG incluído, permitiu chamar a ese cacho ou espigón onde aínda creba o bravo mar do Orzán de tantos outonos e invernos da miña vida. Estrañoume non ver nas fotos ao desnortado ex embaixador no Vaticano cabo do papa romano, unha “ovella” máis no inmenso “rabaño” que de Cibeles, “Puerta del Sol”, “Parque del Retiro e aeródromo de “Cuatro Vientos” foron recibir ao gran depositario da fe católica, apostólica e romana, coa recidiva inasequibles ao desalento do nacional-catoliscismo español. Son libres na súa fe sempre radical, pois están posuídos eles/elas pola “Verdade revelada”…Con que máis radicalismo se pode argüír, alegar? Denantes proseguir quero indicar que os vocábulos entre aspas e moitas palabras en cursiva constitúen unha delicadeza aclaratoria e non un insulto, non ho! Enténdase o que antecede, entón, como unha epítome, e non un oxímoro do extraordinario. A esquerda que se proclame tal, senón ateísmo, haille que reclamar coherencia intelectual, que empatiza –por que non?- co aconfesionalismo, laicismo, ou co escuro e dubitativo agnosticismo ao que tan dado é a singular relixiosidade de moitos homes e mulleres de nós, incluídos os teólogos máis ilustrados e “críticos” co Vaticano. Quería un dicir, daquela, que a manifestación do papa romano exortando aos católicos/as a loitar contra a “radicalidade” laica, non resulta máis que un xeito de exordio tan banal e vacuo como gratuíto… Acaso hai algunha manifestación máis radical ca Relixión no máis amplo senso e significado da palabra? No unívoco, ou no teocrático, na trinidade, o nunha multiciplidade divinal é posíbel? Non, evidentemente non.

A esencia relixiosa nega e non acepta ao outro. Pulsión de vida, apagada polo institinto contrario que preconiza calquera relixiosidade, en cuxo “bálsamo mercantilizado”, se me permiten a expresión, que un non entende reprobábel, vai a salvación despois de asumir o arrepentimento, a resurrección da fábula. É o común definitorio das relixións calquera que sexan elas, homófobas, e machistas, con maior ou menor “suavización” do delito ruín de lesa humanidade. Tamén no que aquí se expón, ten que ver o uso que se fai da lingua, do idioma e cultura da nación galega, negada polo fascismo crente agachado no culto cenobítico que nega a liberdade, a democracia.

É o Estado español aconfesional…?

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS