Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 24.11.2017 Actualizado 18:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Este xoves

A directora de 'Verano 1993' abre a nova tempada do CGAI tras ser elixida por España para os Óscar

A CORUÑA. EP  | 13.09.2017 
A- A+

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia este xoves, día 14, a programación cinematográfica da súa nova tempada con 'Verano 1993', da catalá Carla Simón.

A película, seleccionada pola Academia de Cinema para representar a España nos Óscar, chega á carreira por este galardón despois de obter premios no festival de Berlín e o de Málaga, entre outros.

Na programación que inicia o CGAI, a realizadora explicará o seu proceso creativo en dúas sesións da longametraxe, ás 18,00 e ás 20,30 horas, "establecendo un diálogo cos espectadores que asistan", explica o CGAI.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS