Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 21.20
Unha das opcións que con máis frecuencia se escoitan para afrontar a actual situación económica é a de cambiar de país por cuestións laborais. Segundo o Estudo de Mobilidade Internacional Laboral elaborado por Randstad, líder en solucións de recursos humanos, un 42% dos traballadores españois estaría disposto a cambiar de país para atopar un posto de traballo, unha cifra significativamente inferior á de mobilidade dentro de España, que se sitúa nun 65%.
Isto indica que os traballadores españois aínda que incrementaron notablemente a súa mobilidade laboral, aínda son reticentes a deixar España por un emprego e prefiren
empregos máis próximos á súa localidade de residencia. Así o poñen tamén de manifesto os datos oficiais: 37.000 persoas abandonaron España durante 2010, cifra que parece se vai incrementar en 2011, xa que só no primeiro trimestre 14.109 persoas abandonaron o país. O informe de Randstad tamén destaca o grao de percepción que existe entre os cidadáns das diferentes comunidades autónomas. Os navarros (70%) son os que máis dispostos están á hora de afrontar unha oportunidade profesional fóra de España, seguidos de andaluces (56%), castelán manchegos (48%), galegos (47%) e madrileños (45%). No lado oposto, os españois que menos interese demostran nesta materia son rioxanos (20%), baleares (27%), asturianos (30%), cántabros (30%) e castelán-leoneses (35%).
Os datos reflicten a situación que están a vivir moitas persoas en España e que lles impide integrarse no mercado laboral: a menor mobilidade laboral, menor empregabilidade e xa que logo máis dificultades de saír do desemprego, tal e como confirma o último dato do Ministerio de Traballo, que sitúa a taxa de parados no mes de marzo en 4.333.669 desempregados.
En definitiva, o estudo elaborado pola compañía líder en solucións de recursos humanos describe o perfil actual do cidadán móbil a nivel internacional que se atopa no noso país. Trátase dun home, actualmente no paro, cunha idade comprendida entre os 25 e os 34 anos de idade, con estudos universitarios e estranxeiro. "A mobilidade laboral preséntase como un factor imprescindible á hora de aumentar a empregabilidade e as posibilidades de acceder a un posto de traballo. O emprego na mesma empresa, cidade e coas mesmas tarefas para toda a vida pasou á historia", conclúe Marta Valer, directora de Grandes Contas de Randstad. Agora o candidato ha de ser consciente de que o único xeito de ser un empregado atractivo e con posibilidades de acceder a máis e mellores oportunidades laborais é desterrar a idea dun único tipo de contrato e abrirse a novos horizontes profesionais alí onde xurdan.
A sinistralidade laboral do mes de marzo causa 847 baixas menos
A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 23,26% en marzo, período no que se produciron 2.795 accidentes con baixa, fronte aos 3.642 do mesmo mes do ano anterior. Do total, 2.753 foron leves, 37 graves e 5 mortais. O descenso foi xeneralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da pesca, cunha baixada do 34,23%; seguida da construción, cun descenso do 28,11%; dos servizos, cun 22,22%; da industria, cunha diminución de sinistros do 20,95% e da agricultura cun descenso do 13,33%. Por provincias, encabeza a redución Pontevedra cunha porcentaxe do 33,99%, seguida da Coruña cunha diminución do 21,54% e Ourense cun 8,07% de descenso. Soamente Lugo presenta unha lixeira suba.
