Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 17.09.2019 Actualizado 00:20
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

EDUCACIÓN

Doce escolas de Ferrolterra din estar abocadas ao peche

O problema é económico, xa que din que a Xunta lles debe 600.000 euros desde principios de ano

FERROL. EP  | 14.10.2011 
A- A+

A Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra advertiu que os 12   centros membros, que contan con case 1.100 alumnos de 0 a 3 anos,   "terán que pechar" se a Xunta de Galicia "non lles paga   inmediatamente" os preto de 600.000 euros que "lles debe dende   principios de ano".   
   Dende a Asociación denunciouse que a situación é "extrema", que   algúns traballadores levan varios meses sin cobrar e que os centros   "están a unhas semanas de non poder pagar a luz, a auga ou o material   que necesitan" para traballar". Ante isto, a presidenta da entidade,   María del Carmen Pérez, xa advertiu de que "non quedará máis remedio   que pechar as escolas".   
   As escolas infantís comezaron unha campaña divulgativa para   informar da situación as familias dos nenos matriculados, co   obxectivo de que coñezan a "asfixia" á que "están sendo condenadas"   pola Consellería de Traballo e Benestar.   
   Afesin fixo público tamén o rexeitamento dos seus asociados á   solución proposta por un responsable da Consellería, de cobrar varias   mensualidades por adiantado aos pais, para poder financiarse mentres   non reciban o diñeiro debido pola Xunta.   
   As escolas infantís de iniciativa social son centros privados que   carecen de ánimo de lucro e que non poden ter beneficios   empresariais. Segundo informa Afesin, cobren os seus gastos de   funcionamento coas cotas que pagan as familias e coa subvención que   perciben da Consellería de Traballo e Benestar.   
   Ao "non pagamento" que denuncian os membros da Asociación, súmase   outra problemática máis. Dende o ano 2002, indicou a asociación, os   prezos que a consellería permite cobrar ás familias están conxelados,   pero os gastos de funcionamento subiron e "o diñeiro que cada centro   recibe da Xunta pola subvención "reduciuse". A Asociación pide que se   lles permita incrementar o IPC correspondente a estes prezos.   
   No seu comunicado, Afesin conclúe que "froito desta situación, o   incumprimento de funcións que exerce a Xunta de Galicia en educación   estana a pagar os traballadores dos centros, que son os que financian   co seu diñeiro o que o seu Goberno debería pagar". 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS