Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
Daquela vez e as sucesivas, case todas relacionadas con ese prestixioso certame de relatos que dende hai tantísimos anos promociona a Fundación do Pedrón de Ouro, quedoume a imaxe dun home vital, afábel, culto e de tanta xenerosidade que sería inimaxinábel para min suporlle vellos rancores, por máis que tivese abondas razóns para albergalos.
O noso maior achegamento produciuse nunha expedición que un grupo de escritores e xente da nosa cultura realizamos unha fin de semana de primeiros do mes de agosto do ano 2003 ao val do Xálima estremeño con obxecto de saborear in situ a nosa fala, emigrada a aquel verxel case que incríbel alá polo século XIII. Porque a pesar da tunda de quilómetros en tan estreito espazo de tempo, alí estaba don Avelino cos seus oitenta e nove anos capitaneando a viaxe e participando nas múltiples conversas que en tan longa singradura en autobús se foron dando. El sempre a carón do seu grande amigo o poeta Xoán Xosé Fernández Abella e do tamén poeta David Otero, este cunha permanente dedicación cara a el de fillo entrañábel. Nos Tres Lugaris, despois dos actos, fomos acollidos alí como familia, dito sexa literalmente, pois ao non haber suficiente infraestrutura hostaleira, a maioría fixemos noite e mañá en casas de particulares. A don Avelino tocoulle facer noite n’As Ellas, onde ao día seguinte se presentaba un ensaio sobre a Fala. De camiño cara ao local onde se celebraba o acto, todo o mundo estabamos pendentes da consistencia física do noso viaxeiro maior, pero el despreocupounos a todos dicindo que se sentía mellor ca nunca e que mesmo as pernas lle andaban máis lixeiras que acotío. E non eran meras palabras tranquilizantes, como
demostrou nas actividades que logo se celebraron, pois ademais de falar e cantar, foi quen de tocar o tamboril e de bailar unha muiñeira.
Don Avelino, aínda que emocionado como todos os demais polo trato recibido, volveu do Xálima a Galiza coa mesma vitalidade, exercendo de patrón e patriarca, unha distinción que os que o coñecemos lle outorgamos para sempre. Mesmo despois da vida, dende a memoria.

Campións de Liga e Copa. Por Pablo Vaamonde
Vivindo a maxia. Por Ruth Fernández
Predicadores da democracia dos caladiños. Por M. de Bran
EU e o seu federalismo unitario. Por Manuel Mera
Entre o ridículo e o esperpento. Por Joaquim Ventura
Enquisas para un chibo expiatorio. Por Xosé A. Gaciño
6.202.700 Por Xosé Lois García
Unha de indios e galegos. Por Francisco B. González Tenreiro
Vergoña de ser medio ponferradino. Por Antonio Gutiérrez
O inteleitual Ratzinger. Por Xosé M. Rivas Troitiño
O canto da terra e os ciclos naturais. Por Xavier Castro Rodríguez
“Stop Desafiuzamentos”: Si se pode!!! Por Jorge M. de la Calle
Montefurado, solpor romano. Por Xosé Manuel Lobato
Xosé Lois García en Tedempo de Podente. Por David Otero
Alternativa Antipatriarcal: é o momento. Por Ángel Amaro
Don Avelino. Por Isidro Novo
Un poema. Por Diana Varela Puñal
Ai Carmela! Por Elías Pérez Sánchez