Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
Dous incendios permanecen activos en Ourense e Silleda
Un está controlado en Muxía tras arrasar 60 hectáreas
SANTIAGO. EP | 28.03.2012
Dous incendios forestais permanecen activos nos municipios de Ourense e Silleda (Pontevedra) e un máis está controlado en Muxía (A Coruña), despois de queimar unha superficie estimada de 60 hectáreas, informou a Consellería do Medio Rural e do Mar nun comunicado.
O máis grande destes incendios, de acordo cos primeiros cálculos, é o de Muxía, que comezou ás 14.38 horas e quedou controlado ás 19.57. As lapas prenderon na parroquia de San Tirso e afectaron a unhas 60 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de control participaron tres axentes forestais, catro brigadas, cinco motobombas e dous helicópteros.
En Silleda, as lapas afectan a parroquia de Moalde, onde se queimaron unhas 30 hectáreas. As lapas empezaron ás 16.04 horas e nos labores de extinción participan un técnico, tres axentes forestais, sete brigadas, cinco motobombas, unha pa e dous helicópteros.
Por último, en Ourense, o lume está activo na parroquia de Vilar de Astrés e declarouse ás 17.13 horas. As estimacións provisionais apuntan a que hai máis de 20 hectáreas queimadas. Nos traballos participan un axente forestal, dúas brigadas, unha motobomba, bombeiros urbanos de Ourense e dous avións.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.