Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 11.10.2019 Actualizado 19:57
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Dous millóns para impulsar a industria a través da contratación de 140 mozos

SANTIAGO. EP  | 06.08.2019 
A- A+

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, abre este mércores o prazo de solicitude do programa co que busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos menores de 35 anos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a iniciativa destinada á especialización e ao acceso ao mundo laboral dos mozos con titulación universitaria ou de técnico superior de Formación Profesional na que o Goberno galego investirá até dous millóns de euros.

A través desta liña de axudas, denominada Profesionais 4.0, o Executivo autonómico incentivará a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústers, "para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no ámbito da Industria 4.0".

"As iniciativas de mellora poderán desenvolverse en áreas tan variadas como a optimización financeira, a profesionalización da produción e a cadea loxística, o desenvolvemento de procesos e sistemas de xestión de calidade, a identificación e posta en marcha de redes de cooperación e socios, a aposta polo capital humano, o asesoramento integral ao proceso emprendedor, a dixitalización ou creación de contidos dixitais e a incorporación efectiva de tecnoloxía, entre outros", indicou a Xunta nun comunicado.

O prazo de solicitude para optar a estes apoios terminará o próximo 7 de outubro e a porcentaxe de axuda poderá alcanzar o 75% da retribución bruta do período subvencionable, cun límite de até 16.000 euros, e cada entidade poderá optar a un máximo de cinco contratos incentivados, cunha duración dun ano cada un.

Tal como explicou a Consellería, a iniciativa enmárcase na nova Axenda 4.0, para cuxo desenvolvemento a Xunta destinará 350 millóns de euros entre 2019 e 2022 e que ten como principais obxectivos "anticiparse aos cambios do novo modelo, así como aumentar o tamaño das empresas e favorecer a aposta polo talento dixital", entre outros.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS