Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 30.07.2014  | Actualizado 13.41

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

NOTICIAS COTIÁS

Dous mundos

RUTH FERNÁNDEZ  | 18.10.2011 
A- A+

Somos egoístas por natureza. Os seres humanos canto máis temos máis queremos ter. Máis ansiamos sumar. E para que? Atesouramos bens materiais e somos pobres en sentimentos. Desexamos artigos de valor no mercado e a miúdos esquecemos o valor do amor.Ás veces ata perdemos a cabeza por acaparar o que non nos corresponde. É incrible. Hai xente que nunca se ve chea. Quere máis e máis, loitando contra todo e contra todos, buscando só o beneficio propio. Con que finalidade? Mentres uns se matan por unha herdanza outros subsisten malamente gardando poder contar ao día seguinte cun prato de sopa.

A véspera do Domingo das Mozas, día clave nos festexos lugueses do San Froilán, tiven unha imaxe matutina moi desoladora, que ficou gravada na retina dos meus ollos. Cando eu volvía de mercar un agasallo para un aniversario (as publicitadas zapatillas Reebok Easytone), ducias de coches estacionados na Avenida de Ramón Ferreiro servían de casa aos centos de inmigrantes senegaleses que facían da festa do outono un dos maiores reclamos para o turismo. A miúdo a sociedade na que vivimos fainos adquirir cousas que realmente non nos fan falta, mentres outros sobreviven en condicións case infrahumanas, sen unha cama na que descansar os seus corpos, compartindo habitáculo coa mercadoría, sen poder estirar as pernas nos asientos de adiante dos coches que os levan, de festa en festa, para catro pesos que gañan. Todo iso… sendo fillos dun mesmo deus.

Isto faime recordar a letra dunha canción de Estopa: ‘qué mal repartido está el mundo, desde el primer mes de enero…’ Tamén me chega, dende a distancia, unha cita atribuida a Francisco de Quevedo: ‘el que quiere en esta vida todas las cosas a su gusto, tendrá muchos disgustos en su vida’. Necesitamos máis educación en valores, ser máis solidarios e practicar a empatía, non ladear a cabeza e ollar cara outra parte. Recentemente vin un pequeno vídeo na rede espeluznante, onde se facilitaban datos estremecedores: constatábase que cada 3,6 segundos alguén more de fame no mundo. Non so iso. Catro millóns de nenos morren cada ano antes de cumprir un mes. Un de cada seis nenos de África more antes de facer os cinco anos. 42 millóns de nenos africanos poden sufrir o horror da fame antes do ano 2025.


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS