Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Duque avoga por reformar a lexislación de universidades para reter talento

Preguntado polas luces do Nadal en Vigo, o ministro en funcións de Ciencia, Innovación e Universidadespide pide coidado porque "os nenos teñen dereito a ver as estrelas"

VIGO, 08/08/2019.- O ministro de Ciencia, Innovación, Universidades e Turismo en funcións, Pedro Duque (esq), atende as explicacións durante a súa visita ao buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' este xoves antes de despedir á súa tripulación, que parte co obxectivo de levar a cabo a campaña 'Blue-Nodules'.  - FOTO: EFE/ Salvador Sas
VIGO, 08/08/2019.- O ministro de Ciencia, Innovación, Universidades e Turismo en funcións, Pedro Duque (esq), atende as explicacións durante a súa visita ao buque oceanográfico 'Sarmiento de Gamboa' este xoves antes de despedir á súa tripulación, que parte co obxectivo de levar a cabo a campaña 'Blue-Nodules'. - FOTO: EFE/ Salvador Sas

VIGO. EFE/EP  | 08.08.2019 
A- A+

O ministro en funcións de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, avogou hoxe en Vigo por unha reforma da lexislación sobre universidades para reter talento.

Duque, que acudiu ao porto de Vigo para despedir a un buque oceanográfico nunha misión de recoñecemento mariño, asegurou que se o Goberno central estivese formado, tería "rapidamente sobre a mesa unha proposta" para "facer unha reforma das leis da Universidade".

O representante do Goberno central en funcións respondeu así á sucesión de críticas que nos últimos días verteron sobre o sistema numerosos investigadores españois que forman parte da elite científica europea e que foron sucesivamente rexeitados como docentes titulares polas universidades españolas.

"Nalgúns casos moi puntuais produciuse o fenómeno de que persoas que están moi ben cualificadas como investigadores non superaron os baremos que pon as universidades para acreditarse como profesores", observou Duque.

A Aneca, un organismo encargado de garantir a calidade do sistema universitario español, esixe aos aspirantes un determinado número de horas acreditadas de docencia para poder competir por un posto de profesor ou catedrático aínda que se trate de investigadores que recibiron as máis prestixiosas bolsas de Europa.

"Son casos moi puntuais, pero aínda así estamos convencidos de que temos que facer unha reforma das leis da universidade", dixo Duque.

O ministro puntualizou que os requisitos os pon as universidades, non o Goberno, pero que hai que buscar unha fórmula para que estes científicos poidan ir adquirindo os requisitos esixidos aos seus currículos polas universidades para que poidan "cualificar dunha maneira normal e tendo traballo estable".EFE

ALERTA POLA CONTAMINACIÓN LUMÍNICA

A iluminación do Nadal da cidade de Vigo, e os comentarios en ton de broma do alcalde olívico, Abel Caballero, asegurando que os "9 millóns de luces led" veríanse desde a Estación Espacial Internacional, tiveron resposta este xoves por parte do ministro en funcións de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, quen alertou contra a contaminación lumínica nas cidades.

O ministro e exastronauta afirmou, a preguntas dos medios sobre eses comentarios do alcalde, que a iluminación das rúas nas cidades españolas é "infinitamente máis potente" que noutras cidades do mundo, e así se ve desde o espazo.

"Desde o espazo, as luces de todas as cidades españolas son máis potentes que as doutras cidades, as luces normais da rúa. Imaxínome que se se poñen luces adicionais (en alusión á iluminación do Nadal) teranse que ver", constatou.

No entanto, após facer este apuntamento, Pedro Duque advertiu: "Xa poderiamos ter un pouquiño de coidado de apuntar as luces para abaixo e non para arriba. Teriamos que ter máis coidado coa iluminación das cidades porque os nenos teñen dereito a ver as estrelas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS