O produto interior bruto (PIB) galego continúa coa súa minoración ao rexistrar un incremento do 0,3% no terceiro trimestre en relación cos tres meses anteriores.
Segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE), a economía galega creceu ao 1,7% en taxa interanual, un aumento inferior ao experimentado en trimestres anteriores. De feito, descende a cifras que non había desde o ano 2014.
No primeiro trimestre de 2019, o ascenso do PIB de Galicia foi unha décima superior, é dicir, do 0,4%, e a subida anual situábase no 2,3%. Unhas cifras que descenderon nos últimos meses.
Con todo, hai un repunte das exportacións de bens e servizos no terceiro trimestre após as caídas anteriores, cunha alza do 5,9% respecto ao trimestre anterior e do 0,8% interanual.
As importacións de bens e servizos tamén se elevan no terceiro trimestre, un 6,8% máis fronte ao tres meses anteriores, así como un 3,4% máis interanual.
Pola súa banda, soben o gasto en consumo final (+0,8% trimestral e +3,3% interanual), a formación bruta de capital baixa no intertrimestral (-0,1%) e increméntase o interanual (+1,6%). A demanda interna tamén aumenta (+0,6% intermtrimestral e +2,9% interanual).
En canto ao emprego por ramas de actividade (postos de traballo equivalentes a tempo completo), Galicia rexistrou un aumento do 0,8% o terceiro trimestre do ano. A cifra máis baixa nos últimos trimestres.