Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 22.08.2019 Actualizado 13:14
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A editorial Alvarellos recupera no libro 'Bretemada' cen poemas inéditos de Gonzalo López Abente

SANTIAGO. EP  | 14.10.2011 
A- A+

Alvarellos Editora acaba de sacar á venda o libro 'Bretemada', no   que se recollen un centenar de poemas inéditos do intelectual galego   Gonzalo López Abente.  
A obra, que se presentará o próximo 22 de outubro na Casa do   Voluntariado de Muxía (A Coruña) --localidade natal do poeta--,   recolle escritos de entre 1917 e 1922 baixo un título, 'Bretemada',   que é unha metonimia de Galicia.  
O mecanoescrito orixinal desta obra pertence á Real Academia   Galega e foi o escritor e poeta Miro Villar o responsable do estudio   introdutorio e do coidado da edición. O volume, que está editado   conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente, integra o volume   número 15 da Colección Rescate, unha colección que recibiu o Premio   da Edición de Galicia en 2008.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS