Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

"acontecemento"

A Editorial Galaxia publica a versión en galego do Ulises de James Joyce

O equipo de tradución traballou durante oito anos baixo a coordinación de Carlos Lema

SANTIAGO. EP  | 16.10.2013 
A- A+

Tras un proceso de tradución de oito anos, a Editorial Galaxia anunciou que durante o último trimestre deste ano publicará a versión en galego do Ulises de James Joyce.

Tal e como recolle a editorial nun comunicado, o equipo de tradutores que fixo posible esta edición está composto por Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle. Para a edición en galego dunha das grandes obras da narrativa contemporánea, o equipo de tradución traballou durante oito anos baixo a coordinación de Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.

Para a editorial, esta publicación constitúe "un acontecemento" para a literatura galega, que "implica poñer ao alcance dos lectores un libro referencial que xa foi soñado no seu día en galego polos membros da Xeración Nós". Neste sentido, Galaxia recordou que o propio Otero Pedrayo publicou en 1926 algúns capítulos en galego do Ulises na revista Nós.

O lanzamento editorial deste volume celebrarase cunha oferta de prevenda, coa que todos os interesados poderán beneficiarse dun desconto sobre o prezo de venda do libro enviando un correo electrónico á dirección pedidos@editorialgalaxia.com.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS