Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Eduardo Pardo de Guevara, novo coordinador institucional do CSIC en Galicia

22.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

O presidente da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou a Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor de investigación e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, coordinador institucional do CSIC en Galicia, en substitución de Uxío Labarta, quen desempeñaba o cargo dende o 17 de maio de 2006.

Eduardo Pardo de Guevara e Valdés é natural de Ponteceso (A Coruña) e está afincado en Lugo. É doutor en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), onde exerceu a docencia durante varios anos na cátedra de Paleografía e Diplomática.

En 1988 ingresou por oposición na escala de Científicos Titulares do CSIC. Exerceu como científico titular na Institución Milá i Fontanals de Barcelona (1988-1990) e no Instituto de Historia de Madrid (1990-1994).

Dende 1994 exerce de director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, centro adscrito á Área de Humanidades e Ciencias Sociais do CSIC con sede en Santiago de Compostela, e que dende o ano 2000 é un centro mixto do CSIC e a Xunta. En 2008 Eduardo Pardo de Guevara e Valdés alcanzou o máximo grao da carreira investigadora en España: profesor de investigación do CSIC.

As súas liñas de investigación céntranse no ámbito da Historia da Idade Media, particularmente entre os séculos XIII e XV, e de xeito máis específico na historia social do poder, a Xenealoxía e a Heráldica medieval.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS