Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 31.10.2014  | Actualizado 12.23

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Porta de palla

Elexía de Manuel Blanco

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 16.04.2012 
A- A+

O profesor ourensán Manuel Blanco Luis, que ven de entrar no xúbilo da vida, tivo o xeneroso xesto de agasallar aos seus amigos cunha miscelánea dos seus versos, co título tan cunqueirano Ben puidera ser isto una elexía.

Cos anos coincido cada vez mais co filósofo Santayana: a poesía é relixión  na que se deixou de crer.

Lendo os versos de Manuel Blanco, unha antoloxía ben pequena por desgracia, un decátase da vida que hai detrás, os feitos, os soños, as viaxes, o exilio interior, o desacougo, as ledicias, por iso coincido con Santayana. Semella que é onde o home amósase tal como é e sinte, libre, os vínculos co mundo, mediante as verbas, ben escolleitas. Ise lazo é a relixión para moita xente.

Non é certo o  que se aplica o poeta a si mesmo: ten que haber cen poetas malos para que exista un bo. A sua elexía trasmite vida, cos intres bós e malos, pero vida, paixón, mundo, esquencimento, quizais medo ao alzheimer, tristuras, ilusións, sentimentos, descubrementos.
Hai un certo peso de partidas, adeuses, tristuras, desmemorias e desacougo. Levamos todolos exilios na alma, di, ou: A maldición dos ríos / e non poder relembrarse /e nin sequera ríos/ousaremos chamarnos.

Pero hai outro tanto de cultura, de eterno retorno, de percorrer o mundo, lugares ben lonxanos que sempre une con Ourense,  o punto de partida e de retorno, eso sí que é indiscutible.

E nalgunhas das bagatelas que tamén aledan e dan dimensión da sua vena poética, Manuel Blanco entronca co seu paisano Curros: un deus soupose eterno o mirar os teus ollos.

É una ledicia ler ista Elexía polo que suxire nestes tempos tan críticos en que un sinte case o vértigo da revolución.  

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS