Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

O emprego irá a peor este ano

08.02.2012  Rajoy formula unha reforma laboral "ampla, profunda e equilibrada"

3.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID. EP

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, asegurou que as cifras de emprego, "por desgraza", non van mellorar no curto prazo, senón que empeorarán no ano 2012, polo que a intención do Goberno é expor unha reforma laboral "ampla, profunda e equilibrada".

Así o sinalou Rajoy durante a súa comparecencia no Congreso para explicar os resultados do último cume europeo, onde dixo que a reforma, que se aprobará este venres, ten que ser "útil" para a consecución dun clima que favoreza a competitividade, a contratación e o emprego estable.

O xefe do Executivo, que repasou as medidas emprendidas polo Goberno e os acordos do Cume, destacou a necesidade de aplicar unha política "global" porque a consolidación fiscal por si soa non serve para relanzar a economía e crear emprego. "É condición necesaria, pero non suficiente", dixo.

Ademais, asegurou que os Xefes de Estado e de Goberno da área euro deron a benvida ás medidas aplicadas por España en consolidación fiscal e mellora da competitividade e pediron que se seguise polo mesmo camiño.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS