Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 22.08.2017 Actualizado 11:59
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Endesa inicia a revisión da central de ciclo combinado das Pontes

Usa un dron por primeira vez para a caldeira // Esta semana iniciou unha parada programada para revisión, de quince días de duración

SANTIAGO. EP  | 18.05.2017 
A- A+

Endesa iniciou a revisión da central de ciclo combinado das Pontes (A Coruña), con 21 empresas contratistas. Ademais, por primeira vez utilízase un dron para unha inspección adicional do interior da caldeira.

Segundo informou a compañía, esta semana iniciou unha parada programada para revisión, de quince días de duración, a central de ciclo combinado de Endesa nas Pontes.

As tarefas que se realizarán durante ese período "requiren a contratación de 21 empresas, que desprazarán á instalación a máis de 120 traballadores", segundo explicou Endesa. Tamén se empregarán medios técnicos "ata agora non usados" nestas operacións, como un dron.

Nesta ocasión, o número de días da inspección é, segundo explican as mesmas fontes, "maior ao do ano pasado debido, fundamentalmente, a que se realizan inspeccións de acordo co regulamento de equipos a presión en tubaxes principais e caldeiras de recuperación".

Tamén está prevista a revisión e o tarado de todas as válvulas de seguridade da planta. Estas tarefas de mantemento réxense por periodicidade regulada oficialmente, segundo concreta a compañía.

CALDERA

Así mesmo, Endesa puntualiza que "aproveitando a inspección que se realiza na caldeira, esta sométese a unha inspección adicional utilizando para iso un dron dotado de cámara, e que voa no interior dun recinto de 24 metros de alto por 12,7 de ancho e 28,4 de alto, cuxo interior conta con bancos de quilómetros de tubos".

"É a primeira vez que se utiliza un equipo destas características na central de ciclo combinado das Pontes, o que constitúe un avance na incorporación das novas tecnoloxías ao mantemento da instalación, en prol de alcanzar unha maior eficiencia", segundo destaca.

Endesa ordenou outros traballos engadidos ás inspeccións regulamentarias. Deste xeito, segundo agrega, efectúanse inspeccións boroscópicas das turbinas de gas e do compresor destas, e cámbianse os filtros de aire de turbina.

Tamén se revisa a estación de regulación e medida de gas e a estación de acondicionamento de gas, todos os interruptores de media tensión e as principais bombas da central. Ademais, faise o mantemento anual da caldeira auxiliar e o filtrado de aceite dos transformadores.

O custo da revisión rolda os 600.000 euros, segundo apunta Endesa, que engade que entre as 21 empresas implicadas na revisión "hai numerosas compañías da zona e contratistas habituais como Eumecons, Grúas Cuiña, Elinco, Masa Galicia, Depisa, Qatro, Termiset, Electrorayma e outras".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS