Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 15.08.2017 Actualizado 18:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Escribano acusa o comité do congreso do PP coruñés de "cambiar as regras"

Di que non poderá ver "o novo censo" ata o xoves // Alude á "esixencia sorpresiva, a catro días da votación, de que só poidan votar e avalar os afiliados que estean ao día das súas cotas"

A CORUÑA. EP  | 18.04.2017 
A- A+

O exdiputado Javier Escribano, que lidera a candidatura 'Liberdade para elixir' na carreira por tomar as rendas do PP coruñés, na que compite coa conselleira Beatriz Mato, acusou á comisión organizadora do congreso (COC) de "cambiar as regras" para "impedir" que chegue ao final do proceso e que haxa "votación".

Segundo explica nun comunicado a candidatura 'Liberdade para elixir', este órgano trasladoulle este "cambio de regras" na pasada xornada e decidiu que "só poderán votar e avalar os afiliados que estean ao día nas súas cotas, segundo un censo que non estará elaborado ata as 20,00 horas do xoves 20 de abril".

Ao seu xuízo, preténdese "elaborar un novo censo, descoñecido ata a data, e impedir o acceso ao mesmo ata o día 21 de abril". "Esta candidatura, por tanto, non terá acceso a este novo universo de votantes deseñado 'ad hoc' para Beatriz Mato, abrindo a catro días da data sinalada un novo escenario para expulsar a Javier Escribano sen contemplación", afeou.

"ESIXENCIA SORPRESIVA"

Na mesma liña, destacou a "esixencia sorpresiva, a catro días da votación, do pago das cotas" e sinalou que este requisito "non foi esixido nos congresos de Mariano Rajoy nin de Alberto Núñez Feijóo, sendo un feito notorio para a militancia que practicamente ninguén paga tales cotas e non por iso prívaselles de participación".

Ante "a perplexidade e gravidade do atropelo cometido", a candidatura de Escribano presentou un escrito ante o Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia, o Comité de Dereitos e Garantías Nacional e o presidente provincial do PP da Coruña "denunciando a vulneración da lei de partidos políticos".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS