Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 22.09.2014  | Actualizado 18.34

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

espera que o PP lle "bote unha man"

Escribano séntese "lexitimado" para ostentar de novo responsabilidade política

O exdeputado declárase "vítima" dunha "carnizaría mediática" e estuda accións xudiciais contra medios e membros policiais

Javier Escribano - FOTO: CABALAR / EFE
Javier Escribano - FOTO: CABALAR / EFE

A CORUÑA. EP  | 13.04.2012 
A- A+

O exdeputado do PPdeG Javier Escribano afirmou sentirse "lexitimado" para ostentar calquera responsabilidade política, despois de que o Xulgado de Instrución número 3 de Ferrol arquive a causa contra el por supostos delitos de suborno e tráfico de influencias, aberta no marco de investigación da 'Operación Arena'.

En rolda de prensa, acompañado polo seu avogado, Francisco Javier Fernández Tarrío, Escribano afirmou sentirse "vítima dun momento político", despois de que o caso saíse á luz pública poucos meses antes das eleccións xerais, e tamén dunha "carnizaría mediática".

Así, avanzou que estuda emprender accións xudiciais contra publicacións que puideran vulnerar "a súa honra" e tampouco descartou facelo polas investigacións policiais.

Ao respecto, manifestou non estar "de acordo" coa actuación policial e as súas afirmacións sobre o suposto regalo dun coche por parte do empresario Fermín Duarte, responsable da empresa Manmer, contra o que o xulgado mantén abertas as dilixencias por un suposto delito contra o medio pola importación de áridos de Holanda que poderían ser contaminantes.

Ao fío diso, preguntado se estuda emprender accións xudiciais contra a Policía, precisou que "non", pero non descartou facelo contra algúns membros. "Ao mellor se existen unhas ovellas negras que tiveron uns intereses que haberá que estudar", sinalou.

AUTO DO XULGADO

Escribano deu a rolda de prensa dando lectura a un comunicado, aínda que admitiu preguntas ao termo deste. Tamén achegou aos medios de comunicación o auto do xulgado, contra o que cabe recurso. Nel, o xuíz Alejandro Morán afirma que non se obtiveron "suficientes indicios racionais de criminalidade como para afrontar unha fase de axuizamento".

Ademais, engade que se a instrución "chegou ata aquí, é porque no seu día houbo algunhas evidencias", pero precisa que non foron "determinantes". Así, sobre o tráfico de influencias, argumenta que a actuación de Escribano "como deputado autonómico, para os efectos penais, entraba dentro do razoable", afirma en alusión á información que transmitiu ás autoridades administrativas sobre os problemas de Duarte en relación a a venda de áridos.

En canto ao delito de suborno, sostén que tanto Escribano como Duarte confirmaron que a operación de venda do Porsche, que se taxou en 13.080 euros, foi "real". Sobre as filtracións desta causa, aifrma que non está "determinada" a súa orixe.

ACTIVIDADES "LEGAIS"

Na súa comparecencia, Escribano sinalou que non está "arrepentido" das actuacións ante a administración en relación con Duarte e indicou que atendeu "a petición dun cidadán". Tamén as acusou de "lícitas e legais".

O exdeputado rexeitou tamén o denunciar porque, segundo el, a conversación na que afirma regalarlle o coche "foi privada" e porque no xulgado "recoñeceu que non era verdade".

REGRESO Á POLÍTICA

Mentres, sobre a súa decisión de presentar a dimisión como deputado autonómico que formalizou o pasado 29 de outubro, asegurou que foi "a correcta naquel momento". Escribano, que recordou que segue sendo militante do PP, admitiu que estaría "encantado" de que o partido lle botase "unha man" para unha posible volta á política.

Non obstante, recoñeceu que esa decisión lle corresponde "á dirección do partido". "O tempo decidirá onde debemos estar", engadiu o exdeputado quen acusou de "incualificable" o seu comportamento ético.

Preguntado se falara xa co presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, Escribano asegurou que tivo "conversacións" con membros da dirección do partido e que "todos" estaban "moi satisfeitos coa resolución".

O QUE DIN OS ESTATUTOS

Ao respecto, os Estatutos do PP determinan que, no que caso dun afiliado que se vira implicado nun procedemento xudicial, se hai sentencia absolutoria ou auto de sobresemento, "aínda que non sexan firmes", se revogará "inmediatamente" calquera medida preventiva ou sanción que puidese acordarse.

Certifican tamén que o partido debe reparar o afiliado, polos medios "ao seu alcance", os "prexuízos" que este sufrise a consecuencia da medida preventiva ou sanción que fose adoptada.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS