O vindeiro luns 5 de novembro, Novacaixagalicia fará entrega a Xosé Daniel Costas Currás do seu premio de poesía pola súa obra monicreques. O evento dará comezo ás 19:00 h no pazo de San Roque e contará coa presenza de Pedro Otero Espinar, xerente de Novacaixagalicia; Luis González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia; e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.