Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ACTO NA ESTRADA

O escritor Xosé Lois García recibe o Premio MOME de Teatro Varela Buxán

A súa obra dramática 'A cerna' toma como base a temática ecoloxista

Xosé Lois García, no centro, recibe o  II Premio MOME de Teatro Varela Buxán de mans de Valentín GarcíaFOTO:
Xosé Lois García, no centro, recibe o II Premio MOME de Teatro Varela Buxán de mans de Valentín GarcíaFOTO:

PONTEVEDRA. EP  | 25.06.2012 
A- A+

A obra 'A cerna' do escritor Xosé Lois García, colaborador do Galicia Hoxe dixital, recibiu o II Premio MOME de Teatro Varela Buxán que se concedeu este domingo en A Estrada, Pontevedra. Este galardón ten como obxectivos principais preservar o cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural, sinalou a Xunta. Así mesmo, contribúe á difusión do teatro galego e á divulgación da vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán.

A obra dramática 'A cerna' toma como base a temática ecoloxista ao longo de cen páxinas que estruturan o texto en tres actos, para articular un discurso en favor da natureza. Así, varias voces argumentan razóns na súa defensa e en contra nunha peza que evoca diferentes autores como Rosalía de Casto ou Eduardo Pondal.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na entrega do II Premio MOME de Teatro Varela Buxán, celebrado no marco das festas estradenses de San Paio. O galardón foille concedido nesta ocasión ao escritor chantadino Xosé Lois García, pola obra A cerna. O certame, impulsado polo Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) conta coa colaboración de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e coa do Concello da Estrada.

No acto, que tivo lugar nos Xardíns Municipais, o secretario xeral destacou “a relevancia do papel normalizador do teatro” e “o firme compromiso de todos axentes implicados no ámbito teatral galego coa nosa lingua propia”. “Autores, actores e, en xeral, profesionais do teatro e das artes escénicas son algúns dos axentes dinamizadores máis efectivos que ten a lingua galega para achegarse á sociedade. A todos eles e, nomeadamente aos nosos dramaturgos en galego, debemos recoñecerlles a súa contribución ao prestixio e á difusión da lingua de noso”. García Gómez tamén tivo unhas palabras de lembranza para o estradense Manuel Varela Buxán, principal dramaturgo do teatro galego da diáspora e padriño póstumo do certame: “A Estrada foi berce de quen xa quedou na historia do teatro galego como o Patriarca”.

Pola súa banda, o xurado, conformado polo mestre e escritor Olimpio Arca, pola profesora Rocío Calviño, polo escritor e investigador Héitor Picallo e polo xerente do Mome, Xosé Luna destacou d’A cerna “o amplo e preciso emprego do léxico e de estruturas sintácticas singulares”. Tamén estivo presente o alcalde estradense, José López Campos.

A obra e o autor premiado

A obra dramática A cerna, da autoría de Xosé Lois García, toma como base a temática ecoloxista ao longo do cento de páxinas que conforman a obra en tres actos, para artellar un discurso en favor da natureza. Varias voces argumentan razóns na súa defensa e en contra nunha peza que evoca diferentes autores galegos inspirados nela (desde Rosalía de Castro ata Uxío Novoneyra pasando por Eduardo Pondal ou incluso por Wenceslao Fernández Flórez). A madeira constitúe a cerna e, á súa vez, é metáfora da permanencia e da vida.

Xosé Lois García Fernández naceu en 1945 e medrou en Chantada, aínda que se trasladou aos 20 anos a Barcelona, en cuxa universidade estudou Filosofía e Letras. O autor conta con máis de corenta obras literarias no seu haber, entre ensaios, poesía, literatura infantil e xuvenil, así como varias edicións e obras colectivas.

García Fernández recibiu unha escultura en madeira do escultor Manuel Fragoso, un diploma acreditativo e 1.000 euros.

 

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS