Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 23.04.2019 Actualizado 20:25
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Medio natural ·· DEMANDA

Esixen convocar o Observatorio galego da Biodiversidade

Adega presenta unha queixa ante o Valedor tras dous anos sen reunión

REDACCIÓN   | 28.10.2010 
A- A+

En pleno ano mundial da biodiversidade, Galicia segue a darlle as costas á protección da flora e a fauna. Así o denuncia Adega, que acaba de presentar unha queixa ante o Valedor do pobo para esixir a reunión do Observatorio Galego da Biodiversidade, organismo encargado de velar polas especies que leva máis de dous anos sen convocarse a pesar de ter a obriga de facelo anualmente. Tanto dende a USC, como Adega e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) pediron, en reiteradas ocasións, unha reunión do ente para tratar a declaración do Monte Pindo como parque natural, avaliar unhas obras de acondicionamento que poñían en perigo o LIC Ulla-Deza ou a inclusión de novas especies no catálogo de especies ameazadas. Ante a falta de resposta, Adega recorreu ó Valedor tras acusar á Xunta de falta de interese polo medio.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS