Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.10.2017 Actualizado 13:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Estibadores de Vigo secundan unha nova xornada de paros sen incidentes e con seis barcos nos peiraos

VIGO. EP  | 19.06.2017 
A- A+

Os estibadores do porto de Vigo secundaron este luns unha nova xornada de paros en horas alternas, que se desenvolveu sen incidentes, e na que media ducia de barcos estiveron atracados nas terminais olívicas.

Así o confirmou a directora da Autoridade Portuaria, Beatriz Colunga, quen sinalou que o número de estibadores que estiveron nos seus postos este luns foi de 91 persoas, ás que se sumaron outros 57 operarios alleos á SAGEP.

Segundo explicou, no peirao de Bouzas houbo 3 barcos, outro máis no peirao de reparacións, outro no o de Guixar, un un sexto buque no peirao de Arenal. "Todo apunta a que non dará tempo a atendelos a todos, e algún quedará para mañá", engadiu.

Así mesmo, confirmou que non hai constancia de desvíos ou suspensión de escalas, e que o Porto espera para este martes a chegada de polo menos catro barcos máis, aos que se podería sumar un portacontedores, que permanece fondeado nas inmediacións do arquipélago de Cíes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS