Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

ETA anuncia o "cesamento definitivo" da actividade armada

20.10.2011  Adams, presidente do Sin Fein, pediulles aos Gobernos español e francés o inicio de conversas que aborden "exclusivamente as consecuencias do conflito"

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

BILBAO / DUBLÍN. EFE

A organización terrorista ETA anunciou hoxe que "decidiu o cesamento definitivo da súa actividade  armada", segundo un comunicado difundido na edición dixital do  diario Gara. Nesta declaración, que cualifica como "histórica", ETA expuxo o seu "compromiso claro, firme e definitivo" de "superar a  confrontación armada". Con ese obxectivo, fai un chamamento aos gobernos de España  e Francia para abrir un proceso de diálogo directo" destinado a solucionar  "as consecuencias do conflito".

ADAMS PIDE CONVERSAS 

O presidente do Sinn Fein, Gerry Adams,  celebrou o "decisivo" comunicado emitido hoxe pola banda terrorista  ETA, no que anuncia "o cesamento definitivo da súa actividade armada",  e instou os Gobernos español e francés a iniciar conversacións  que aborden "exclusivamente as consecuencias do conflito".
"Celebro os decisivos e positivos termos na resposta de ETA  á declaración do pasado luns en San Sebastián", dixo o  dirixente republicano nun comunicado en referencia á  conferencia sobre o fin do terrorismo celebrada nesa localidade  vasca.
"Despois das nosas deliberacións, o Grupo Internacional  expresou a opinión de que 'é posible pór fin á última  confrontación armada de Europa", sinalou o presidente do Sinn Fein,  antigo brazo político do inactivo Exército Republicano Irlandés  (IRA).
"Pedímoslle a ETA -lembrou Adams- que fixese unha declaración  pública sobre o fin definitivo de todas as accións armadas e que  pedise falar cos Gobernos de España e Francia para abordar  exclusivamente as consecuencias do conflito".
Na súa opinión, o comunicado de ETA cumpre con aqueles  "requisitos", polo que instou aos citados gobernos a "celebrar"  o paso dado pola banda armada.
Desde a súa experiencia no proceso de paz en Irlanda, Adams  adiantou que "os seguintes pasos" deben centrarse en "promover a  reconciliación, abordar a cuestión das vítimas e recoñecer que se efectuaron serios esforzos para pechar feridas persoais e  sociais".
Neste sentido explicou que hai "outros asuntos" que tamén deben  de ser tratados e que servirían para "construír confianza dentro do  proceso".
"Por exemplo -dixo-, entre estes está o asunto dos presos e  o da desmilitarización da contorna e o do respecto e  recoñecemento dos dereitos democráticos de todos os partidos  políticos, que deben ser tratado como iguais".
Por este motivo, Adams lembrou que Batasuna aínda está  "ilegalizada e que líderes como Arnaldo Otegi, quen está totalmente  comprometido, na miña opinión, coa paz, están presos".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS