Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 30.04.2017 Actualizado 18:10
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

DENDE VERIA

'Ética da política'

ELÍAS PÉREZ SÁNCHEZ  | 26.09.2016 
A- A+

A relación entre a ética e a política resulta ser un debate clásico e tamén de gran actualidade xa que a tensión que existente entre os dous conceptos permite dilucidar algunhas das causas ou consecuencias do mundo que estamos a vivir hoxe en día.

Recentemente Praza y Valdés acaba de editar o libro “Ética de la Política en John Stuart Mill y George Grote”. Os dous textos incluidos nesta edición abordan un tema que se revela cada vez máis importante: a ética de políticos e xestores.

"El gobernante" de Taylor é unha recensión escrita por John Stuart Mill e George Grote, sendo este último un destacado utilitarista discípulo directo de Bentham, político activo e autor de varias obras de teoría política, ademais dun dos grandes historiadores experto na Grecia Antiga. O texto non trata do político afanado na dirección dun Estado, senón do político de segundo nivel ou xestor público. Os problemas morais característicos deste ámbito non conciernen a decisións transcendentais de longo alcance, senón máis ben a «sinistros intereses» egoístas aos que pode renderse este tipo de político e a asuntos cotiáns que ameazan con «manterlle enterrado baixo unha laxa de rutina».

"Reflexiones sobre la reforma parlamentaria", aínda que se viu ocultada enseguida polas súas "Consideraciones sobre el Gobierno Representativo", é unha obra de J. S. Mill que contén varios asuntos de interese: unha pioneira defensa do voto feminino, unha extensa argumentación contra o voto secreto e, especialmente, a súa doutrina dos arranxos admisibles ou compromisos necesarios para lograr melloras administrativas e políticas. Ambos os textos tradúcense ao castelán por primeira vez e demostran que tamén convén reflexionar sobre a «micro-política».

Entender a política como unha ciencia ou unha actividade independente da ética (como algún desexan) non significa que non establezan unha relación, unhas veces feble, outras veces sólida. É máis, separar estes dous ámbitos na nosa vida social lévanos a enfrontarnos cun mundo fracturado, co crecemento das desigualdades sociais, con algúns grupos sociais e económicos altamente beneficiados á conta da marxinación doutros, cunha crecente deterioración da natureza e con sociedades excluíntes, plutócratas e corruptas. Como ten dito Mill: a actividade política non pode mellorar nunca se non existen personas cuxos sentimentos morales de decencia e dignidade non pulen por facer dela unha actividade digna.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS