SANTIAGO. EP
Esquerda Unida e o BNG instaron ao Concello da Coruña a defender os empregos de Spanair e a súa subcontrata Newco no Aeroporto de Alvedro, para o que presentan senllas mocións en pleno.
Deste xeito, o portavoz de Esquerda Unida-Verdes, César Santiso, emprazou ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, a que negocie coas compañías aéreas que absorban os voos de Spanair para incorporar ao cadro de persoal afectado polo cesamento de operacións.
Pola súa banda, o portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, denuncia que a suspensión da actividade de Spanair "evidencia a condición periférica de Alvedro pola falta dun sistema aeroportuario galego", á vez que demanda a defensa dos 30 postos de traballo directos e os indirectos afectados