Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 01.09.2014  | Actualizado 21.23

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

PORTA DE PALLA

Euro-Gaiás

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO  | 29.09.2011 
A- A+

A pesares de ser compostelán, e xa que logo europeo e europeista, teño grandes dúbidas sobre esta Europa, que somentes vexo como de mercaderes. Poida que sexa inxusto, pero agora so vexo atención ao que ten que ver cos mercados, ainda que antes foi co desenrolo das infraestructuras. Se piden un titular do que siñifica Europa agora mesmo, debería resumilo: o euro.
E o euro foi o culpable de gran parte da caída da calidade de vida. O primeiro grandísimo recorte de soldos foi coa nosa entrada no euro, a 166 pesetas, paridade que non se mantivo para os productos e que fixo que o coste da vida subira un sesenta por cen, non recoñecido oficialmente. Agora recortan os soldos nominalmente e a inflación segue. Vai ser moi difícil, mesmo para os que conservan emprego, chegar ao fin de mes. Aquí nunca fixemos protestas nin folgas por ese arruinamento, a diferencia dos italianos, que saíron ás rúas máis dunha vez a protestar pola perda de calidade de vida como froito do euro.
O problema é que agora saír do euro aumentaría os problemas, en vez de resolvelos. Teño a impresión de que é como o Gaiás. O mellor sería non ter feita esa construcción, na que din que tanto se dilapidou. Pero deixala así tampouco é boa idea. Aínda que hai que dicir que o equipo de Cultura da Xunta e o Concello de Santiago, con algunhas institucións máis, buscan como aproveitar a herdanza. Ise afán de risco polo progreso, de que non hai mal que por ben non veña, é o que non se atopa nos líderes europeos diste momento. Non lideran, non gobernan, están a velas vir.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS