Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 12.15
Porta de palla
Europa invertebrada
XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO | 24.07.2012
O xermanófilo Ortega, que acuñou o de España invertebrada, coido que non dubidaría en aplicarlle esa calificación a que chaman Unión Europea. Gran parte da culpa dos nosos males é nosa. Pero, como deixou dito Celso Emilio Ferreiro, nunca virá de fora remedio ou espranza. Xa o demostraron dende 1936. E non digamos nas décadas seguintes. Pero daquela eran nacións que actuaban en función dos intereses propios.
Agora quérennos vender a idea de Europa unida. Pero é evidente que non funciona como organismo vivo que interactúa denda a cabeza ata as extremidades ou as canles de evacuación. Eu comprendo enteiramente a actuación dos que mandan en Europa, mesmo de Alemania e Holanda e Finlandia. Non somos de fiar. Pero que deixen de falar de Europa, esa idea que foi xurdindo cando os peregrinos se puxeron a andar sen preguntar de onde era cadaquén e camiñaban xuntos, axudándose fronte aos perigos e compartindo riscos, ledicias, tempo e xantar. Eso era Europa. Esto é outra cousa. Por favor, non a chamen Europa.
E eiquí empecemos a facer limpeza. Aínda non escoitei pedir perdón polo Gaiás, os aeroportos (galegos e de fóra), as caixas, e tantas e tantas sinvergonzadas de todas as cores. Tampouco o oín no mundo de goberno da nosa catedral.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.