Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A Executiva do BNG decidirá sobre os edís que apoiaron a moción de Cee sen permiso

20.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou que será a Executiva a que decida sobre a posible expulsión dos tres edís da formación que presentaron, cos catro populares, unha moción de censura para desbancar o alcalde de Cee (A Coruña), Ramón Vigo, se ben recordou que "en principio" non contaban co "beneplácito" deste órgano.

Os grupos municipais de PP e BNG deron este paso o pasado venres, para intentar arrebatar a alcaldía a Ramón Vigo, de Independentes por Cee, que goberna en minoría con cinco concelleiros, esgrimindo a súa "mala xestión" do concello.

Preguntado ao respecto, Vázquez subliñou que os edís nacionalistas non contan "co beneplácito" da Executiva do BNG, pero rexeitou "adiantar acontecementos" en relación ao seu futuro. "A Executiva adoptará agora as decisións que estime convenientes, non podo adiantar nada", aseverou.

Por outra parte, en relación coa moción que o BNG de Muros baralla presentar nesta localidade coruñesa, asegurou non ter máis noticias que "as que aparecen nos medios de comunicación". Dito isto, engadiu que, cando a Executiva teña constancia directa dunha intención firme de presentar esta iniciativa, tomará a decisión que "considere oportuna".

A voceiro do BNG de Muros, María Xosé Alfonso, asegurou que a formación estuda impulsar unha moción de censura contra a alcaldesa, a socialista Caridad González, tras a reunión asamblearia que se celebrou o sábado e na que se acordou pospoñer ata marzo --despois da xunta de Máis Galiza na que decidirá a súa continuidade ou non da formación frentista-- esta decisión, que basea nun "cúmulo de despropósitos" na xestión da rexedora.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS