Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
ata o 2 de outubro
O Exército inicia este mércores a campaña contra incendios con 23 patrullas operativas
PONTEVEDRA. EP | 01.08.2012
Un total de 23 patrullas da Brilat e do Terzo Norte de Infantaría de Mariña iranse despregando dende este mércores por diversos puntos da xeografía galega no marco da Operación Centinela Galego para colaborar coa Xunta na campaña de prevención de incendios forestais. A presenza disuasoria nos montes e os traballos de vixilancia, cun nivel de esforzo medio, desenvolveranse ata o 2 de outubro.
Está previsto que asistan a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o secretario de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, á saída dos efectivos militares dende a base Xeneral Trasfogueiro de Pontevedra. O xefe da Brilat, José Antonio Alonso, coordinará un ano máis o despregamento.
Das 23 patrullas, 18 están formadas por persoal de distintas unidades da Brilat e outras 25 corresponden ao Terzo Norte de Infantaría de Mariña, con sede en Ferrol.
Esta iniciativa responde ao convenio marco de colaboración subscrito entre o Executivo autonómico e o Ministerio de Defensa, que se iniciou no ano 2007. Precisamente, este martes procederase á sinatura do protocolo entre responsables da Consellería de Medio Rural e o departamento de Política de Defensa, que dirixe o tenente xeral Juan Carlos Villamía.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.