Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Expertos piden incluír a danza no sistema educativo

Solicitan que se dote de orzamentos a esta disciplina en Galicia

SANTIAGO. EP  | 21.01.2020 
A- A+

Expertos, xestores e investigadores déronse cita este martes nas xornadas 'O estado da danza en Galicia', un espazo de diálogo impulsado polo Consello da Cultura Galega coa presenza de todas as partes implicadas neste ámbito das artes para analizar a situación dun sector que non está o suficientemente atendido.

Así o trasladou a presidenta desta institución, Rosario Álvarez, durante a súa intervención neste evento cuxas reflexións servirán de base para elaborar un informe-diagnóstico sobre a situación da danza na comunidade galega.

Unha das principais propostas abordadas no seo da xornada foi a inclusión desta disciplina no sistema educativo, tanto no caso da obrigatoria como no marco universitario.

Neste sentido, pediuse potenciar a formación de docentes especializados e fomentar a investigación sobre as artes do movemento, ademais de crear unha dotación orzamentaria, crear uns premios para a danza e recuperar o Centro de Documentación das Artes Escénicas.

Outra das cuestións abordadas radicaba na creación de pontes entre as estruturas públicas e privadas que articulan o sector en Galicia.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS