Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.05.2019 Actualizado 12:54
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Exposición de debuxos do artista Andrés Freire sobre o centro histórico de Santiago

Inaugúrase este mércores na compostelá Casa do Cabido

15.05.2019 
A- A+

Unha exposición de debuxos do artista Andrés Freire Conde sobre o centro histórico de Santiago de Compostela inaugúrase este mércores, 15 de maio, na Casa do Cabido.

Esta mostra recolle láminas deste artista autodidacta de 91 anos, militar de profesión que comezou a debuxar desde moi nova, pero que mantén a súa paixón pola pintura.

A inauguración correrá a cargo do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o propio artista e a súa muller, Tutú García Cidón, así como os seus fillos. Tamén estarán, entre outros, a xerente do organismo, Belén Hernández.

A exposición, que poderá verse até o próximo mes de xullo na Casa do Cabido (Praza de Praterías), estará aberta de martes a sábado (de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas). O domingo pode verse de 11,00 a 14,00, mentres que os luns permanece pechada.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS