Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 19.10.2017 Actualizado 18:44
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O expresidente Gerardo Fernández Albor renuncia á súa condición de conselleiro nato no Consultivo

En Marea pregunta na Comisión Institucional pola actividade e retribución no Consultivo do mandatario, a piques de cumprir 100 anos

SANTIAGO. EP  | 19.05.2017 
A- A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a renuncia do expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor á súa condición de conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia. O acordo recolle que o cesamento se produce por "razóns estritamente persoais" e que foi aceptado mediante resolución do presidente do órgano consultivo, José Luís Costa Pillado.

A piques de cumprir cen anos --naceu na capital galega en setembro de 1917--, Fernández Albor, quen estivo á fronte do Goberno galego desde 1982 ata a moción de censura de 1987, ingresou no Consultivo no ano 2007, tras a súa reforma lexislativa, que regula o funcionamento da institución e o status dos exmandatarios.

Nos últimos anos, o expresidente rebaixou a súa presenza en actividades públicas debido a un empeoramento paulatino da súa saúde, aínda que todavía participou nalgún acto de partido e de campaña para apoiar ao líder do PP galego e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo ratifica, precisamente, no acordo que publica o DOG este venres, o seu cesamento no Consultivo e agradécelle "os servizos prestados" e a súa contribución "ao bo funcionamento" desta institución.

PREGUNTA DE EN MAREA

Na mesma xornada na que se certifica a renuncia de Albor no DOG, a orde do día da Comisión Institucional do Parlamento incorpora unha pregunta de En Marea referirda á actividade desenvolvida polo Consultivo entre 2014 e 2016, e á participación na mesma "dun dos seus membros".

Entre as preguntas da iniciativa da formación rupturista rexistrada na Cámara autonómica, facíase referencia á actividade e retribucións percibidas polo mandatario nos últimos anos ligadas á presenza nesta institución.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS