Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 22.07.2017 Actualizado 12:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Facenda dá instrucións para aplicar a subida do 1% aos empregados públicos na nómina de xullo

SANTIAGO. EP  | 10.07.2017 
A- A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns as instrucións para aplicar unha subida salarial do 1% na nómina dos empregados públicos do mes de xullo, unha medida que ten efectos retroactivos desde xaneiro.

A orde, asinada polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, recolle a obrigación de adaptar as condicións retributivas do persoal ao servizo da administración pública autonómica ao que establece a normativa estatal.

A lei de orzamentos xerais do Estado para 2017 estipula que as retribucións dos funcionarios non poderán experimentar un incremento global superior ao 1% respecto das vixentes o 31 de decembro de 2016.

En total, a previsión da Xunta é que esta subida afecte a case 100.000 traballadores, ao abarcar tamén ao persoal das universidades e do ensino concertado.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS