Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 19.05.2013
| Actualizado 17.06
Que facían unha ducia de deputados e dirixentes do PSdeG, todos do sector antiPachi, xantando en amor e compañía na Nave de Vidán, ás aforas de Santiago, estoutro mércores?
ALBERTE MARIÑO | 29.06.2012
Unha comida na que están, entre outros, Xosé Manuel Lage, Modesto Pose, Xocas Leiceaga, María Xosé Caride, Mar Barcón e López Vidal, ten morbo. O que os une a todos eles é a súa escasa, ou nula, química co actual secretario xeral do PSdeG. Que se xunten nun restaurante de moda -con prezos moi asequibles, vaia por diante- cando aumenta o díxome-díxome sobre un adianto das eleccións para este outono, dispara a imaxinación. Pachi Vázquez insiste en que el quere manter o calendario e celebrar primarias, pero que todo depende de Feijóo e que se o inquilino de Monte Pío chama ás urnas antes de marzo, será imposible consultar os socialistas galegos sobre quen prefiren que sexa o candidato do partido para presidir a Xunta. Está claro que ningún dos comensais votaría por Vázquez. ¿Falaron, quizais, das posibilidades de que o ex ministro José Blanco chegue a tempo, se o Tribunal Supremo o libera do pesado xugo do caso Campión?
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.