Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 19.08.2017 Actualizado 16:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A facturación da industria galega, a terceira que máis sobe en xuño, coa entrada de pedidos á alza

SANTIAGO. EP  | 11.08.2017 
A- A+

A facturación da industria creceu en Galicia un 11,4% en xuño respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres a entrada de pedidos tamén aumenta un 10% no mesmo período, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, a cifra de negocios da industria galega experimenta o terceiro maior aumento entre comunidades.

Así, aumenta case cinco puntos (11,4%) máis que a media española (6,5%). Aínda que o avance na media do que vai de ano na industria en Galicia é positivo (+7,3%), é inferior ao incremento estatal (+8,1%).

Deste xeito, a facturación da industria en Galicia acumula dous meses en terreo positivo --maio e xuño--, tras retroceder en abril un 3,9%.

Pola súa banda, os pedidos do sector aumentaron un 10% interanual en xuño, máis que a media (7,1%). Neste caso, supón o quinto incremento entre autonomías.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS