Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Filla do ditador

Falece Carmen Franco no medio do litixio polas estatuas do Mestre Mateo e após a nova polémica por Meirás

SANTIAGO. EP  | 29.12.2017 
A- A+

Carmen Franco, filla do ditador Francisco Franco, morreu en Madrid aos 91 anos de idade, un día despois de que o Xulgado de Primeira Instancia número 41 de Madrid admitise a trámite a demanda civil presentada polo Concello de Santiago de Compostela para recuperar as estatuas do Isaac e Abraham.

O falecemento da filla do ditador foi confirmada polo seu neto Luís Alfonso de Borbón nas redes sociais, coa publicación, en Instagram, dunha foto da súa avoa acompañada da seguinte mensaxe: "Deus levouse a Man (d.e.p), pero ela non se ha ir: tereina SEMPRE no meu CORAZON".

A morte de Carmen Franco, que padecía un cancro terminal que ela mesma confesou o verán pasado nunha entrevista de 'La Otra Crónica', de 'El Mundo', prodúcese xusto un día despois de que o Concello de Santiago coñecese a admisión a trámite da demanda na que documenta que é titular das estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo.

O Xulgado empraza, no escrito de admisión a trámite, á demandada a contestar o prazo de 20 días hábiles sobre a situación das figuras, polo que falta por saber se esta situación queda afectada o deceso ou se traslada aos herdeiros. Contra a resolución cabía recurso de reposición no prazo de cinco días, pero a súa interposición non ten efectos suspensivos.

Pero non é a única situación polémica do Franco en Galicia, xa que este verán volveu á palestra o Pazo de Meirás, onde o Franco seguen gozando estancias de verán.

Este inmoble, ben de interese cultural (BIC) desde 2011 e que ten que ser aberto ao público, foi obxecto da polémica porque a Fundación Nacional Francisco Franco afirmou que utilizaría as visitas guiadas para enxalzar a figura do ditador.

PÉSAME DE FAMILIARES ACHEGADOS
A mensaxe do seu neto obtivo a reacción inmediata de familiares e achegados, que lle deron o pésame a través da mesma rede social. Carmen Franco recibiu a extrema unción este xoves no seu domicilio no barrio de Salamanca.

O verán pasado, confesaba nunha entrevista en 'La Otra Crónica' do diario 'El Mundo' que lle detectaron un cancro terminal que xa non tiña tratamento. Os seus últimos meses pasáronos rodeada dos seus fillos e netos.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS