Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 21.20
![]() |
| Domingos Dosil |
Domingos Dosil, exalcalde da localidade coruñesa de Muros e expresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), faleceu este domingo. Así o confirmaron a Europa Press fontes de Cogami, entidade da que foi membro fundador e presidente durante 17 anos, que explicaron que está sendo velado no compostelano Tanatorio de Boisaca.
A raíz desta noticia, Cogami fixo público o seu "máis fondo pesar" polo falecemento de Dosil, quen, asegurou, foi "exemplo de coraxe e constancia na defensa dos dereitos das persoas con minusvalidez". "Sen Domingos Dosil é imposible imaxinar a evolución da situación social das persoas con minusvalidez e do movemento asociativo que as representa", indican dende Cogami.
