Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Falece o primeiro secretario xeral do PSdeG, José Luis Rodríguez Pardo

SANTIAGO. EP  | 13.06.2018 
A- A+

O político socialista coruñés José Luis Rodríguez Pardo, que foi o primeiro secretario xeral do Partido Socialista en Galicia, faleceu aos 81 anos de idade.

Segundo informaron a Europa Press fontes socialistas, este avogado e profesor de Dereito, referente galeguista dos socialistas, faleceu na noite do martes e o seu corpo está a ser velado no Tanatorio da Grela, na Coruña.

Despois de coñecerse o seu falecemento, numerosos cargos e dirixentes socialistas mostraron o seu pesar, como actual líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen trasladou o pesar dos socialistas galegos a través o seu perfil de Twitter.

"Os e as socialistas galeg@s sentimos hoxe a perda de José Luis Rodríguez Pardo, socialista e galeguista, quen foi secretario xeral do PSdeG", sinala Gonzalo Caballero, que lembra que a pasada semana o propio Pardo deulle "apoio para o partido".

Ademais, tamén a través do seu perfil de Twitter, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou o seu pésame aos familiares e amigos do falecido, así como a "todos os socialistas galegos" pola morte de quen fose o seu "primeiro secretario xeral". "Grazas polo teu traballo por Galicia", finaliza.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS