Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A familia Baltar Tojo cede ao Arquivo do Reino de Galicia libros de institucións liberais galegas

Membros da familia Baltar Tojp co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no acto de cesión dos manuscritos - FOTO: XUNTA
Membros da familia Baltar Tojp co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no acto de cesión dos manuscritos - FOTO: XUNTA

A CORUÑA. EP  | 13.09.2017 
A- A+

O Arquivo do Reino de Galicia incorporou aos seus fondos documentais cinco libros de actas da Xunta Superior Provincial do Reino de Galicia e da Deputación Provincial de Galicia, datados entre os anos 1810 e 1820.

Os manuscritos foron cedidos pola familia Baltar Tojo, á que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, agradeceulle este xoves, nun acto no Arquivo do Reino de Galicia, a doazón tanto polo valor patrimonial dos documentos como polo interese para a investigación histórica dos inicios do século XIX en Galicia.

O acto contou coa participación dos irmáns Juan Ramón, Francisco Javier e Jaime Baltar Tojo, xunto con outros membros da familia, así como a directora do Arquivo, Carmen Prieto, e do presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.

De titularidade pública, estes libros de actas das primeiras institucións liberais de Galicia permaneceron baixo a custodia da familia Baltar Tojo, de Santiago de Compostela, por herdanza familiar.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS